CARA A EXCELENCIA CIENTÍFICA E O LIDERADO INTERNACIONAL

Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia

DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO

Unha iniciativa pioneira

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con Feuga, pon en marcha os programas GESCI (Xestión Estratéxica de Centros e Unidades de Investigación) e GOSCI (Xestión Operativa en Centros e Unidades de Investigación).

Un proxecto formativo de alto nivel, dirixido ao persoal investigador co que se pretende impulsar a competitividade, a excelencia e a mellora continua nos centros de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de mellorar a súa eficiencia e lograr cada vez fitos de maior impacto científico e tecnolóxico.

Gesci Directores

XESTIÓN ESTRATÉXICA DE CENTROS E UNIDADES DE INVESTIGACIÓN

Un programa único que responde ás necesidades actuais e futuras do director de centro / unidade de investigación e que lle permitirá obter unha visión 360º da súa organización.

Gosci Xestores

XESTIÓN OPERATIVA EN CENTROS E UNIDADES DE INVESTIGACIÓN

Un programa imprescindible para os xestores de centros ou unidades de investigación co que conseguirán optimizar os resultados da súa xestión e orientarse definitivamente cara a mellora continua.

¿A quen está dirixido?

Estructuras supragrupales
Estruturas supragrupais de investigación, recoñecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Unidades de Investigación co recoñecemento María de Maeztu
Unidades de Investigación co recoñecemento María de Maeztu
OPIs
OPIs, centros tecnolóxicos e CSIC
SUG
Campus de especialización. Adicionalmente, no caso de GOSCI poderán ser destinatarias as universidades do SUG

Panel docente

En GESCI e GOSCI contaremos cun panel docente, nacional e internacional, integrado por profesionais excepcionais cuxo talento, coñecemento e experiencia directiva lles fai ser referentes nas súas áreas de especialidade.

O proxecto tamén inclúe

Unha serie de actividades adicionais que pretenden incrementar o valor desta iniciativa, á vez que favorecer e potenciar os seus resultados. Estas actividades son as seguintes:

Guías metodolóxicas

Co obxecto de apoiar metodolóxicamente a implantación de melloras en aspectos clave da xestión estratéxica de centros e unidades de investigación contémplase a elaboración dunha serie de guías metodolóxicas.

Temáticas previstas:

  • Posta en marcha de centros de investigación
  • Avaliación de centros de investigación
  • Construción de marca e posicionamento de centros e institucións de investigación
  • Recomendacións para a creación, composición e funcionamento do Scientific Advisory Board
  • Desenvolvemento do talento

Asesoramento experto post-formación

Este servizo de asesoramento pretende facilitar e acelerar os procesos de cambio particulares de cada centro ou unidade e reforzar os aspectos fundamentais da avaliación institucional e científica, críticos para avanzar cara a excelencia.

O asesoramento, correrá a cargo dunha comisión executiva integrada por varios expertos de referencia nas áreas claves da xestión estratéxica de centros.

Prestarase durante os 6 meses seguintes á formación e consistirá en 300 horas de asesoramento por curso académico que se distribuirán entre os centros / unidades de investigación participantes.

Para calqueira dúbida ou consulta pode poñerse en contacto connosco